martes, 7 de octubre de 2008

O "Hartismo", novo movemento artístico

Tres pintores galegos crean o «Hart¡smo»,un movemento
que se opón á arte actual


Nace en Galiza o "Hartismo".
Tres pintores de Ferrol e Santiago impulsan
este movemento que critica o elitismo e o
"todo vale" da arte actual.

A comezos do século XX cada movemento vangardista respondía á inquietude dun grupo de artistas que lanzaba ao mundo unha serie de intencións, recollidas nun manifesto. Normalmente mostrábanse FARTOS da súa situación e facían reconto das súas filias e fobias, indicando así o seu ideario.

Hoxe, un século despois, na época do suposto triunfo da Vangarda, os movementos artísticos son cousa dos comisarios, que percorren diferentes galerías e centros de estudo buscando "artistas emerxentes" que ilustren a súa idea para ese ano do que debe ser a novidade en arte. Xa ninguén conta cos artistas. Pasamos de ser os que protestaban e revolucionaban o mundo a ser submisos vasalos dun banquete para as Señores, do que só temos dereito ás migallas.

O «Hartismo» nace como o facían os movementos artísticos do século XX, a través de un manifesto. «Hoxe, máis que nunca, os artistas necesitamos alzar a voz, e ¿por qué non? publicar manifestos», aseguran os seus impulsores. Neste manifiesto deixan claro que a principal motivación do movemento é a súa oposición á arte oficial xa que están fartos da «situación absurda e inxusta que no mundo da arte aceptouse como normal».

No hay comentarios: